|
Namentres o recitador declama libremente os textos, o director improvisa tomando decisións sonoras que comunica ós executantes para a súa realización: un sistema de improvisación guiada desenvolvido por e en prol da liberdade da interpretación textual.
Música para un Ouveo ten unha estrutura aberta, cuxo resultado final depende das decisións do director en función do recitado. É el quen debe decidir en cada momento a forma definitiva de cada peza, así como da obra completa; decidir o uso de qué opcións serán executadas, con qué dinámica, qué instrumentos.
O director dispón así na súa partitura dunha serie predeterminada de opcións para cada poema ou sección; unha serie máis ou menos ampla dependendo do momento, máis ou menos tradicional, máis ou menos percusiva, máis ou menos definida. Un sistema de opcións a escoller, nunha técnica compositiva aberta.
Por medio dun sistema baseado no gesti de dirección tradicional, pero con necesarias modificacións e engadidos, cada decisión é transmitida ós executantes por medio dun sistema que implica unha alta dose de teatralidade e espectáculo en escena propio das correntes de creación máis contemporáneas. A dinámica, o ataque, o carácter, fican en parte así determinados polo xesto, ainda que unha boa parte do resultado sonoro final implica o bo xuízo do executante. |
|
As diferentes opcións que o director pode indicar para a súa execución denomínanse Celas, atopándose agrupadas en diferentes tipos de páxinas. Cada unha destas páxinas contén un número determinado de opcións: cál debe ser a executada é algo que o director comunica mediante un xesto de dirección desenvolvido por e en prol desta obra. Así, a posición e a forma das súas mans determinarán a Cela a executar, atopándose definidas polo seu Número e a súa Ringleira. Existen moitas páxinas diferentes, todas elas con diferentes combinacións. As seguintes son, tan só, un exemplo do sistema organizativo.
Páxinas de Afinación Fixa: Útiles na creación de pasaxes musicais tradicionais, a asignación de alturas definidas emprégase para a creación de enlaces harmónicos na corda. |


|
Páxinas Xerais: Coma confrontación cara a pasaxes totalmente convencionais, as Páxinas Xerais conteñen Celas de carácter máis aberto, e que dan lugar á creación de diferentes tipos de texturas, todas elas sumamente necesarias para o acompañamento do texto. |
|
Páxinas de Acordes e Solos Harmónicos: A Cela asignada indica un grao tonal dentro dunha harmonía convencional, coas notas formantes do acorde e a súa escala completa. A corda utilizará esta páxina para improvisar solos tradicionais con carácter melódico sobre unha harmonía dada. O piano realizará calquera forma de acompañamento sobre esta harmonía. |

|
Da combinación destes dous tipos de Páxinas xorden pasaxes tonais completamente tradicionais sobre as que improvisar o acompañamento ó recitado de poemas como A Supermarket in California: |







|
Páxinas de Vamp: O Vamp funciona como elemento unificador entre toda a obra e os seus movementos, facendo uso de diferentes figuracións, tonalidades, etc. e funcionando sempre coma un eixo sobre o que construír o concerto. |
|
Algunhas das opción sobre o Vamp son: |
|
Vamp: violoncello, ff |
|
Vamp: violoncello, trémolo |
|
Vamp: violín + violoncello |
|
Vamp: violín + violoncello, en modo maior (para tempos lentos de carácter dolce) |
|
+ |
|
Algunhas das opcións contempladas son: |
|
Oscilacións de cuartos de ton sobre alturas indeterminadas: |
|
Continuum percutor libre: |
|
Serrar! |
|
Posicións fixas, dobres cordas en staccato, alturas non definidas: |
|
Para Escoitar!
3 fragmentos de “Howl” |
|
Para Escoitar!
“Footnote to Howl”, fragmento |