Musica para un OuveoO Recitador e os Musicos''Xoan AbeleiraBorja CostaRecitadorDirector

Escritor e tradutor, periodista, músico e poeta, guionista e director teatral, fillo de emigrantes galegos, nacido en Venezuela no 1967.

 

Colaborador asiduo con  xornais coma El País ou La Opinión, autor de varios poemarios editados nas más prestixiosas editoriais, o seu labor como tradutor inclue verdadeiros éxitos de vendas e de crítica como a Poesía Completa, Iluminaciones y Una temporada en el infierno de Arthur Rimbaud (Hiperión, 1995) ou Zona y Otros Poemas de la Ciudad y del Corazón, de Gillaume Apollinaire (Mondadori, 2000).

Compositor nado en Noia, A Coruña, no I98O, realiza os seus estudos entre Santiago de Compostela, La Laguna e Madrid.

 

Especializado en film scorin´ da man de José Nieto ou Alberto Iglesias, ven de estrear nos últimos anos numerosos traballos para cinema e televisión, entre os últimos Mar de Dunas (Icon International, 2009), o documental Postales desde Madrid  (Telemadrid/Notro TV, 2009) ou  a longametraxe Camino (Pendelton/Javier Fesser, 2008 - orquestador sobre música orixinal de Mario Gosálvez).

Jose Ramon Garcia VazquezPiano

Compositor e pianista nado en Soria no I968, obtén  en Madrid o Título Superior en Acompañamento e Improvisación da man do prestixioso Emilio Molina, de quen se converterá nun dos seus colaboradores habituais.

 

Autor de numerosas obras pedagóxicas no eido da educación auditiva, a composición ou a técnica instrumental e improvisatoria, profesor de Fundamentos de Composición no Conservatorio de Alcalá de Henares, García Vázquez compaxina de sempre o seu labor docente có compositivo, quer como autor—Diábolo, Invisible Language—, quer como orquestrador no eido cinematográfico—Camino, La Gran Aventura de Mortadelo y Filemón (Pendelton/Javier Fesser, 2008)—, realizando nos últimos anos un exhaustivo estudo da música de J.S. Bach, recollido nos libros Análisis e Interpretación de las Invenciones de Bach e Análisis e Interpretación de las Sinfonías de Bach (Enclave Editorial, 2007-2008).

Madrid, 1976. Compositor e violinista de formación clásica e moderna, estudia principalmente da man de Alejandro Saiz San Emeterio, Valentín Ruiz e Antón García Abril.

 

Galardoado en diferentes ocasións polas súas creacións, mantén unha forte actividade como compositor no eido do teatro - Tepeu Gucumatz y los reinos del cielo, la tierra y el mar (Cía. El Callejón de Lola/Rafael Cea, 2009), Un amigo no te lo haría… (Asc. Teatro al Cuadrado/Isabel Pintor, 2008), Te Quiero (Cía. Fandula Teatro/David Vélez, 2009), á vez que desenvolve unha intensa actividade como intérprete dentro de diferentes agrupacións camerísticas.

Alvaro AlvaradoViolin

Violista madrileña nada no 1990, fórmase na viola da man de Adolfo Hontañón, complementando a súa formación como executante con mestres da altura de Thuan do Minh ou Ashan Pillai.

 

Colaboradora asidua de diferentes formacións orquestrais - Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid, Orquesta Joven de Extremadura - , vén de realizar os sus primeiros traballos como solista na grabación da música para o documental cinematográfico El Balón que vino de México (Emagic Productions, 2009) ou a música para o ballet flamenco [h].

ViolaSara Gomez Yunta

Violinista nado en Madrid no 1982 , realiza os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Madrid da man de Sonia Kriales, formación que amplia da man de Yuri Pissarevski ou Pablo Riviere no eido da execución clásica, ou con Emilio Molina e Lola Fernández no eido da música moderna.

 

Colaborador dentro de diferentes agrupacións orquestrais ó longo da súa carreira—Orquesta de la Universidad Autónoma de MadridO.S.A.S.-, entre os seus traballos  destacan os realizados como músico de sesión en diferentes grabacións e concertos para Christina Rosenvigne, Havalina ou La Buena Vida, así como coa formación Vientosalé, coa que  regularmente interpreta canción francesa e sudamericana en numerosas salas de Madrid.

Nado no 1975, Guillermo Martínez Concepción realiza os seus estudos de violoncello no Conservatorio Superior de Música de Murcia, licenciándose tamén en Historia da Arte pola Universidade desta mesma cidade.

 

Especializándose en interpretación de música antigüa con A. Bylsma o G. Nassillo, vén de colaborar con numerosos grupos como Los Músicos de su Alteza ou la Orquesta Barroca de la Universidad de Salamanca.

 

Actualmente é membro de La Capilla Real de Madrid e La Follía, mentres continúa a súa colaboración con diferentes agrupacións camerísticas.

Andres CruzGuillermo MartinezVioloncelloViolin''''''''''

Actualmente atópase en plena promoción do seu último traballo, a tradución da Poesía Completa de Sylvia Plath (Bartleby, 2008), verdadeiro fenómeno editorial deste ano, así como da edición bilingüe do seu poemario Animais, Animais.(Bartleby, 2009).

No eido  da composición, traballa actualmente en diferentes documentais sobre as figuras de Josep Plà ou Rafael Azcona para TVE, mentres se encarga da dirección do COSMOS Ensamble e da montaxe do seu propio ballet [h] no eido da  música contemporánea.

'