
|
En parte debido á vocación de espectáculo escénico para disfrute do público, en parte por unha verdadeira vontade artística de crear un proxecto cun gran calado cultural, Música para un Ouveo quere contar sempre coa presenza de diferentes colaboradores do eido das letras, asignándolles unha clara función de Mestre de Cerimonias coa lectura do texto da Introdución de W. C. Williams.
Deste xeito, será sempre solicitada a presenza dun recoñecido escritor para a devandita lectura de presentación. Diferentes nomes foron xa contactados, amosando todos eles unha gran predisposición a colaboraren. |